Zona rural

O Grupo Municipal do PP participará mañá domingo na manifestación de Madrid en defensa do rural

By 19 Marzo, 2022Marzo 20th, 2022Sin comentarios

O vicevoceiro do PP Antonio Ameijide explicou que “con este xesto, queremos amosar que estamos coas reivindicacións dos veciños e veciñas que viven e que traballan en explotacións gandeiras e agrícolas das 54 parroquias do noso municipio”

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide, xunto cos concelleiros Rafael Pérez, Óscar Poy e Mar Carballas, viaxarán este domingo con gandeiros e labregos do municipio de Lugo “para sumarse á manifestación que terá lugar en Madrid en apoio ao rural, e para sinalar que “a zona rural cos socialistas está marxinada e olvidada”.

Os populares defenden a necesidade de involucrarse cun sector  “importantísimo e con grande peso no noso municipio” engadindo que “queremos estar preto dos veciños e veciñas das 54 parroquias de Lugo”. “De feito, esta viaxe a Madrid para participar na manifestación do 20M Rural é unha forma de reflexar que estamos con todos eles e que apoiamos as súas reinvindicacións”.

Para os populares “a decepción da veciñanza da zona rural tanto co xefe de filas da alcaldesa,  Pedro Sánchez, como coa propia rexedora é total”. No ámbito municipal consideran “un despropósito que, a estas alturas, e tras 22 anos sega sen estar aprobado o 5% do PXOM bloqueando a concesión de licenzas para incrementar o asentamento de poboación”. “Esta non é a única problemática que frea, no municipio de Lugo, o desenvolvemento das nosas parroquias insistindo en que é necesaria unha mellora de servizos así como o saneamento e o abastecemento”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies