Protectora

O Partido Popular afea ao BNG que optase por apoiar ao seu socio de goberno en lugar de dar solución a un problema que leva moitos anos enquistado.

By 29 Febreiro, 2024No Comments
  • Os nacionalistas votan no pleno municipal en contra de que a Xunta de Galicia colabore en dar unha solución á protectora de animais do Concello de Lugo

 

  • O PP pregúntase que leva ao grupo do BNG a votar en diferente sentido en cada unha das administracións locais nas que este grupo presentou a mesma proposición. Cando o Partido Popular presenta unha iniciativa que busca solucionar o problema da protectora, enquistado dende hai anos, o BNG que na Deputación considerou oportuno apoiar esta iniciativa, no Concello opta por votar en contra para manterse no sillón do goberno.

 

LUGO, 29 DE FEBREIRO DE 2024

 

  • Cando parecía que o BNG optara por situarse na dirección correcta, opta por enmendar a súa actuación na Deputación e volver a demostrar que a súa prioridade segue a ser o sillón do goberno. Hoxe os nacionalistas tiveron a oportunidade de elexir estar ao carón dos veciños, da directiva, dos socios, dos voluntarios e dos animais, pero optou por darlles a espalda.

 

 

  • Ca actitude do BNG no pleno de hoxe amósase novamente que empregan á Xunta como un ariete cando lles interesa atopar un culpable para os problemas da cidade. O Grupo Municipal do PP presentaba hoxe unha iniciativas para impulsar de xeito urxente un proxecto de regularización e ampliación coa implicación de todas as administracións, amosando a dispoñibilidade da Xunta de Galicia a asumir parte dun proxecto que se encadra dentro das competencias municipais.

 

  • Os populares buscan unha solución á situación actual da protectora, para garantir unha maior capacidade de acollida, así como unhas instalacións e medios dignos para o día a día dos animais.

 

  • O pleno de hoxe evidencia unha vez máis que o PSOE únicamente pensa no PSOE e ignora o seu compromiso coa veciñanza da cidade de Lugo.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies