• Elena Candia: “durante 25 anos de gobernos socialistas e nacionalistas non foron quen de dar resposta a boa saúde dos clubes deportivos correspondendo con instalacións suficientes e dignas”
MÉRCORES 4 DE SETEMBRO DE 2024
• Pasaron varios mandatos para que PSOE e BNG se comprometesen a facer un novo pavillón polideportivo en Lugo e “tras moitas infografías, 3 aumentos de orzamentos e retrasos administrativos por denuncias de colexios profesionais, o Partido Popular quere saber cando fará o goberno local o novo pavillón polideportivo de Lugo que prometeu en 2021”
• Elena Candia lamentaba que, dende que anunciaron que construirían esta nova dotación, esta será a cuarta tempada deportiva perdida “complicando a planificación dos equipos, e prexudicando tanto ás disciplinas federadas como á base debido á saturación das infraestruturas actuais”
• A popular recriminou que “os gobernos do PSOE e do BNG apartaron da súa folla de ruta como prioridade a mellora das instalacións deportivas en Lugo” e puxo outro exemplo da súa nefasta xestión, a situación do campo do polvorín onde o 30 de xullo Alvarellos anunciou que comezaría a obra de renovación do céspede cando ainda non estaba o proceso rematado, non había adxudicatario, nin contrato asinado, é máis, a mesa que se celebrou o 22 de xullo excluía, por razóns técnicas, a unha das ofertas e pedían informe” (hoxe seguen sen arrancar os traballos)
NOVO POLIDEPORTIVO: RETRASOS E PROBLEMAS ADMINISTRATIVOS
• A voceira popular explicou que a responsabilidade desta nova infraestrutura foi competencia de Patrimonio, no ano 2022, cando tiña responsabilidades Paula Alvarellos nesta concellalía, recriminando a súa falta de liderado neste proxecto “que só foi obxecto de retrasos e problemas administrativos: o custo do proxecto incrementouse significativamente, pasando de 2,9 millóns de euros aos 5 millóns, houbo falta de transparencia nas decisións, como a desestimación do procedemento pola presentación de recursos por varios colexios profesionais”
• A popular explicou que a situación do novo pavillón polideportivo de Lugo é unha máis do seu modelo de promesas baleiras explicando que no Concello “teñen dende o ano 2021 man tendida para este proxecto por parte de administracións como a Xunta e a Deputación.
• Elena Candia resumía a situación explicando que “o proxecto do novo pavillón polideportivo é outro exemplo máis dunha xestión ineficaz e dunha política de anuncios sen resultados. A cidadanía de Lugo merece mellores infraestruturas deportivas e un goberno que cumpra coas súas promesas, non unha longa lista de excusas e retrasos”.