- O proxecto da instalación de piscinas no cauce fluvial ten un informe “demoledor” do comité científico da UNESCO, a pesar do cal insisten na súa instalación, un exemplo máis de que o cumprimento da legalidade non é prioritario para o goberno local.
- Os populares non entenden que o goberno local permita que este proxecto siga enquistado e non busque solucións a un problema que ven de moitos anos atrás.
LUGO, 1 DE MARZO DE 2024
- A iniciativa dos populares presenta un proxecto autorizado no ano 2019 pola Xunta de Galicia, que conta con declaración de incidencia ambiental favorable e que, sempre que se respecten as zonas de policía dos cauces aos que se fan referencia, non ten impedimento algún para que se leve a cabo. O único impedimento para poder executar este proxecto é a negativa do goberno local a darlle unha solución á problemática que está a sufrir a protectora de animais.
- O BNG, na súa política do “non polo non”, rechaza unha iniciativa dos populares, para despois admitir que podería ser realizable.
- Ampliar as instalacións non se limita a incrementar o volume da edificación existente, pola contra podería levarse a cabo coa realización dunha nova edificación na mesma parcela e sempre que garden as distancias de gardería dos cauces fluviais que afecten á finca. Unha opción que admitiu o edil Miguel Fernández no transcurso do pleno celebrado no día de onte.
- O Partido Popular seguirá traballando en levar iniciativas coa finalidade de dar solución a aqueles problemas que lle traslada a veciñanza. Con esta finalidade volverán a levar a pleno unha iniciativa coa finalidade de conquerir un acordo que leve á protectora de animais a saír da decadencia na que se atopa.