Cultura

O Partido Popular pide á alcaldesa que medie co BNG para que haxa barracas este San Froilán

By 8 Setembro, 2021Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular, Ramón Carballo xunto co vicevoceiro Antonio Ameijide e a edil Sagrario Sánchez recibiron hoxe a unha representación de dúas Asociacións de feirantes e industriais tanto de Galicia como de España. Tanto o presidente da Asociación de Industriais e Feirantes de España como o vicepresidente dos Empresarios de Atraccións de Feira de Galicia amosaron “o seu pesimismo pola falta de diálogo do goberno local para montar este ano as súas atraccións coincidindo coas festas do San Froilán” asegurando que “non hai interese, nin nos dan resposta á nosa petición de traballar neste San Froilán deixándonos aos pés dos cabalos”.

Para a concelleira do PP Sagrario Sánchez está claro que as afirmacións da responsable de Cultura de que estudiaría a proposta do grupo popular para que houbese nas patronais de Lugo barracas é “un novo engano para gañar tempo”. “Teñen a decisión tomada e salvo que lles presione o seu socio de goberno non van cambiar de postura” aclarou lamentando que “non se de unha oportunidade aos feirantes para montar as súas atraccións pese a que os protocolos o permiten”.

Sánchez insistiu “o BNG nunca tivo vontade para organizar o recinto feiral e se escuda na covid cando é coñecedor de que hai moitísimos concellos que permiten que funcionen as barracas”. “Os nacionalistas, co visto bo do PSOE queren facer unhas patronais feitas a medida sen contar coa opinión de ninguén” puntualizaron.

Os populares insisten en que ainda hai prazo e opcións legais para montar as barracas polo que piden ao bigoberno solidaridade coas familias dos feirantes que están atravesando momentos difíciles como consecuencia da crise sanitaria vivida.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies