Persoal

O Partido Popular pide unha solución inmediata para recuperar o 010 que hoxe colapsou e quedou sen servizo

By 8 Marzo, 2022No Comments

A concelleira popular Sagrario Sánchez manifestou que “era visto que isto ía pasar” lembrando como hai uns días o Grupo Popular alertaba “que o servizo estaba en risco” acusando ao gobierno de Lara Méndez de “falta de planificación”

O Grupo Municipal do Partido Popular pide ao goberno de Lara Méndez que reaccione de forma inmediata e que solvente o colapso do 010. Os veciños e veciñas de Lugo non teñen porque sufrir as consecuencias do bloqueo dun servizo público polo que o concello paga cada mes.

Sagrario Sánchez manifestou que “todo o mundo sabía que había problemas coa empresa adxudicataria que ten contratada o Concello de Lugo” engadindo que “os traballadores xa alertaran da situación polo que o bigoberno non pode alegar descoñecemento, e nin tan sequera se pode escudar en que a situación de hoxe lles colle por sorpresa”.

Os populares están preocupados pola deriva que tomou este servizo xa que o 010 é unha peza clave para que o cidadán se comunique coa administración. “Se ben é certo que dende hai uns días hai xa unha forma de conseguir cita por vía telemática, seguen a ser moitos lucenses os que recurrían a este teléfono para facer calquera consulta”.

A falta de previsión deixa a todos estes lucenses aos pés dos cabalos, de feito ata a oficina do Grupo Popular chegaron queixas de veciñas que intentaban solicitar información porque hoxe se abría o prazo para solicitar prazas nas Escolas infantís.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies