O Partido Popular quere que se lle dea unha segunda vida ao barrio do Carme, unha das zonas máis emblemáticas da cidade , para recuperar de forma integral este espazo senlleiro de Lugo, que acabou sendo un espazo vulnerable, en vez dun lugar de futuro e oportunidades.
Dende o PP propoñen levar a cabo un planeamento novo reordenando o Carme xa que “tal e como está arestora é unha zona inmobilizada, non é un lugar atractivo para o investimento” engadindo que “se non reaccionamos en 2027, cando acabe este mandato, seguirá todo igual”
A proposta dos populaers para a rexeneración do barrio do Carme supón a modificación do PXOM para redeseñar as disposicións do PERI – 6 e fixar un coeficiente de edificabilidade delimitando os espazos destinados a aproveitamento residencial, así como os espazos destinados a outros usos.
Esta intervención urbanística debe ir acompañada dun plan de dinamización: se queremos incentivar a recuperación de barrios emblemáticos de Lugo hai que ofrecer seguridade xuridica e axilidade nas tramitacións”