A voceira do Grupo Popular Elena Candia presentoulles onte aos veciños do Sagrado Corazón a iniciativa que o PP defenderá no pleno deste decembro: “queremos que se materialice a cesión da parcela do antigo colexio para a construción dun novo centro de saúde”.
• A Consellería de Sanidade leva agardando, desde o ano 2021, a que o goberno local lle entregue os terreos para facer esta dotación. A pesar de que a Xunta reiterou esta petición ata en CINCO ocasións (4 novembro 2021; decembro 2022; marzo 2023 e xaneiro e outubro de 2024) o concello ainda non formalizou a cesión
• Esta inexplicable falta de xestión de socialistas e nacionalistas motivou que se perdesen as partidas orzamentarias da Xunta previstas para o proxecto do Centro de Saúde do Sagrado Corazón dos anos 2022, 2023 e 2024, por iso, urxe desbloquear esta cuestión para evitar que se perdan os fondos do PIA (Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria) para 2025.
• Os populares expresaron a súa preocupación polos bandazos da alcaldesa sobre a ubicación desta dotación “nas dúas reunións que mantivo na delegación territorial á alcaldesa chegou a acordos para ceder os terreos do antigo colexio; logo nos enteramos pola prensa que ofrecían unha nova ubicación para o centro de saúde fóra do barrio; e na reunión que mantivo a alcaldesa, hai máis de dous meses, anunciou unha solución inminente e, por último, agora somos coñecedores de que demandan solo para levar o centro de saúde ao novo desarrollo urbanístico que se contempla no PIA (Proxecto de interese autonómico para desenvolver solo para construcción de novas vivendas).
• Ante esta situación de cambios de criterio o Partido Popular dá un paso máis e presentamos unha proposición a pleno para avanzar e zanxar este asunto que “de forma incomprensible” sigue estancado
• Como xa fixemos para impulsar o proxecto da nova comisaría da policía nacional “queremos ser parte da solución” lamentando que o goberno local non sexa capaz de liderar e resolver as necesidades da veciñanza