SeguridadeTráfico

O Partido Popular recrimina que pola falta de xestión e planificación do goberno local se complica a seguridade vial na contorna dos colexios

By 12 Setembro, 2024Sin comentarios
  • É inaceptable que teñan gardado no caixón o proxecto para facer unha beirarrúa en Virxe da Soidade que permitiría acceder de forma segura ao Colexio das Gándaras
  • Javier Vázquez explica que o Grupo Municipal traballará “para que necesidades como estas non sexan ignoradas e, nese senso, anuncia que presentará unha inciativa para axilizar a execución desta actuación”

 

SETEMBRO DE 2024

 

O Partido Popular denuncia a falta de interese do goberno local en temas de seguridade vial. Un exemplo desta situación témolo na contorna do Colexio de As Gándaras onde a veciñanza e o Grupo Popular leva anos reclamando unha beirrúa nunha marxe da rúa Virxe da Soidade para evitar que o alumnado que vai a pé ao colexio poida camiñar con seguridade.

 

Precisamente esta foi unha petición que volveron a reiterar os veciños na reunión que mantivemos hai uns días no barrio dentro do programa de traballo de #EscoitaActiva que desenvolve o equipo popular

 

Dende o PP levamos anos solicitando esta intervención “o Concello manifestou en varias ocasións que dispón dun proxecto de urbanización dunha das marxes da rúa Virxe da Soedade e dotala dunha beirarrúa segura para o tránsito de peóns, pero de pouco vale que exista se está gardado un caixón”.

 

Dado a pasividade de PSOE e BNG presentaremos unha iniciativa no pleno para que se leve a cabo esta obra priorizando a seguridade vial en zonas escolares.

Javier Vázquez indicaba que “a falta de traballo e de previsión tamén se evidenciaba estes días na decisión que adoptou o goberno local de asfaltar rúas cercanas aos colexios xusto un día antes do inicio do curso escolar en lugar de ter aproveitado o verán para facer estes traballos”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies