ProposiciónUrbanismo

O pleno apoia a proposición do PP para impulsar novas infraestructuras no Sagrado Corazón

By 28 Outubro, 2016No Comments

Conseguimos o apoio da corporación para negociar con Abanca a cesión das instalacións educativas do Sagrado Corazónque volverán a mans da entidade financeira en 2018. Tamén se acordou que o Concello facilite terreos e a Xunta os fondos necesarios para a construcción dun novo centro de saúde para o barrio.

O Grupo Municipal do Partido Popular tivo claro desde o primeiro momento que o barrio do Sagrado Corazón tiña que contar cun novo colexio e que as actuais instalacións e terreos que o albergan pasasen a ser de titularidade municipal.

O convenio de cesión das instalacións do actual colexio remata no ano 2018, polo tanto o Concello de Lugo debe iniciar no menor prazo de tempo posible as xestións oportunas cos titulares das citadas instalacións coa finalidade de que as mesmas sexan cedidas o Concello e poidan destinarse a un uso público que permitan a súa transformación en equipamentos para o barrio, como pode ser un novo centro de saúde, unha pista polideportiva, unha praza pública, ou  locais para un centro social, asociacións de tipo social, veciñal e xuvenil, etc.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

  1. Instar ao goberno municipal a iniciar, de forma urxente, á negociación co titular das instalacións de uso educativo do Sagrado Corazón para conseguir a súa cesión ao Concello de Lugo.
  2. Unha vez que estas dependencias pasen a ser de titularidade municipal se realicen os estudos necesarios para determinar se neste espazo é viable, entre outros usos, instalar un novo Centro de Saúde no  barrio e de ser viable poñelo a disposición da Consellería de Sanidade para a construción do mesmo
  3. No caso no de que non se adecúe o espazo existente para este uso sanitario, que o goberno local inicie os trámites para a posta a disposición da Consellería de Sanidade dos terreos necesarios para a construción dun novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón e sempre no entorno do barrio.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies