ProposiciónSeguridadeTráfico

O pleno respalda a proposta do PP para municipalizar o guindastre

By 26 Maio, 2016Sin comentarios

O Partido Popular  lamenta o pasotismo do goberno municipal para dalos pasos necesarios para municipalizar o guindastre, un dos servizos máis deficitarios do Concello. Hoxe conseguimos o apoio da corporación para axilizar este trámite.

Municipalización guindastre

No Pleno ordinario celebrado o 24 de setembro de 2015 adoptouse un acordo plenario, con número 10/118, relativo á municipalización do servizo de retirada de vehículos, transcorrendo oito meses dende a adopción do devandito acordo sen dar cumprimento ao mesmo, nin mostrar ningunha intención de facelo por parte do equipo de goberno.

É por isto polo que solicitamos que se dea cumprimento de forma inmediata ao acordo plenario e se inicien os trámites necesarios para asumir directamente con persoal e medios municipais o servizo, así como a aplicación do artigo 97 do Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, que recolle a necesidade de constituír unha Comisión formada por membros da Corporación e Técnicos municipais para levar a cabo os trámites e estudos necesarios para a municipalización deste servizo.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Convocar de maneira urxente e en todo caso antes de 15 días a Comisión de estudo para a municipalización do servizo de retirada de vehículos, creada a raíz do acordo número 10/118 do Pleno celebrado o 24 de setembro de 2015.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies