Os populares acadaron o compromiso do bigoberno para debater na comisión do rueiro a petición de dar o nome de Miguel Ángel Blanco a unha rúa ou praza de Lugo, en consenso coa Fundación Miguel Ángel Blanco, para recordar a figura deste político
Este ano 2022 conmemórase o 25 aniversario do secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco a mans de ETA e desde o Partido Popular compartimos coa Fundación Miguel Ángel Blanco a necesidade de lembrar a súa figura, sobre todo entre os máis novos do municipio.
O 60% dos mozos españois non sabe quen foi Miguel Ángel Blanco e máis do 70% destes afirma coñecer pouco ou nada sobre o que significou. Uns datos que evidencian a necesidade de transmitir a súa memoria, de explicar quen foi e o que supón a súa figura.
A través desta iniciativa, desde o Grupo Municipal do Partido Popular pretendemos recoller a petición realizada fai escasas semanas pola propia Fundación Miguel Ángel Blanco para axudar a transmitir a súa memoria e terminar co descoñecemento da mocidade sobre o mozo político vasco secuestrado e asasinado por ETA.
Miguel Ángel Blanco, un novo concelleiro do PP en Ermua, secuestrado e asasinado pola banda terrorista ETA cando tiña 29 anos, en xullo de 1997, é, por encima de todo, un símbolo da liberdade, da conciencia social contra o terrorismo e da inocencia de todas as vítimas
O seu secuestro e asasinato a mans de ETA marcou un antes e un despois na loita contra o terrorismo. Levantou a voz de todo un país enteiro contra a banda terrorista ao berro de ‘Basta Ya’.
Dáse a circunstancia de que en Lugo, non hai neste momento ningún espazo, nin rúa, nin praza, que leve o nome de Miguel Ángel Blanco. No resto de España hai máis de 100 espazos públicos que levan o seu nome.
Por iso, non queremos que pasen desapercibidos os 25 anos do seu secuestro e asasinato. E é por isto que solicitamos ao Concello que una das rúas leve o seu nome a partir de agora.
Á vista do anteriormente exposto, este Grupo Municipal, presenta a seguinte
PROPOSTA
1.- O Pleno municipal insta o Concello de Lugo a dar o nome de Miguel Ángel Blanco a unha rúa da cidade co fin de contribuír a lembrar a súa figura e axudar a terminar co descoñecemento da mocidade sobre o mozo político vasco secuestrado e asasinado por ETA e a acordar a devandita rúa ou espazo coa Fundación Miguel Ángel Blanco.
2.- Acórdese todo o necesario para a materialización do presente acordo.