Urbanismo

O PP acada o compromiso do goberno local para arranxar o muro de Cidade de Viveiro

By 18 Novembro, 2021No Comments

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP amosaron a súa satisfacción despois de que o goberno local accedese a renovar o muro de Cidade de Viveiro con Frai Plácido Rei Lemos, un punto no que nas últimas semanas aumentaron as fendas na beirarrúa, poñendo en risco a seguridade

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo acadaron esta mañá en comisión o compromiso do goberno local para renovar a beirarrúa ao carón do muro da rúa Cidade de Viveiro, un punto no que a seguridade está en risco por mor dos grandes afundimentos que hai na beirarrúa.

Pese a todo, os concelleiros populares critican a pasividade do goberno local ante esta situación, que segue sen encargar un estudo sobre a estabilidade deste muro, asegurando que “unicamente fan vixilancia”.

Aínda así, dende o goberno local comprometeron o arranxo da rúa e un estudo na mesma para atopar as causas destes afundimentos que, dende o goberno local, aseguran que non se deben ao aumento do tráfico, pese a que tampouco teñen un estudo que confirme este extremo. “A realidade é que nos últimos meses aumentou a circulación nestas rúas polos cambios no tráfico, pero o goberno local non ten ningún estudo para argumentar as súas declaracións nin para saber se estas rúas están capacitadas para absorber tantos vehículos”, apuntan.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies