InfraestruturasObrasTráfico

O PP acusa a Arroxo de “saltarse á torera” a lei electoral reinaugurando o leiraparking

By 25 Setembro, 2019Setembro 26th, 2019No Comments

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide critica que Arroxo “aplique a lei segundo lles convén” xa que “cando se trata de decretar o peche do Ánxel Fole é implacable, mentres que cando se trata de cumprir unha normativa que é para todos os partidos políticos igual, incúmprea sen complexos”

O Grupo Municipal do Partido Popular porá en coñecemento do gabinete xurídico do PP, por si é susceptible de denuncia diante da xunta electoral, a vista a obra e o acto de inauguración do Leiraparking efectuado onte polo BNG xa que considera que “podería infrinxir varios puntos da normativa que son de obrigado cumprimento en periodo electoral”.

Nese senso, o vicevoceiro popular censurou que o vicealcalde o nacionalista Rubén Arroxo aplique a lei segundo lle convén xa que “mentres é implacable pechando por decreto un parking o do Ánxel Fole, que da servizo fundamental ao casco histórico, incumpre a lei electoral coa visita a obras sabendo que está prohibido en periodo electoral”. Ameijide insiste en que o vicealcalde “parece que ten outra vara de medir cando se trata do goberno bipartito ou do BNG e recuperando a denuncia feita porque “puxeron a dirixir a banda a unha persoa aparentemente sen contrato”.

Para Ameijide ao nacionalista “subíronselle os fumes dende que forma parte do bigoberno” lembrándolle que “as leis son para todos e que non é ético ser riguroso nuns temas e incumpridores noutros”.

Os populares criticaron que os nacionalistas utilizasen o acto institucional de onte para facer declaracións con connotacións electoralistas a sabendas que está prohibido na Lei electoral.

Ameijide considera que a visita de onte é froito do “afán do BNG por engrosar o book de fotos de chapuciñas para arranxar as chapuzas que deixou mal feitas o seu socio de goberno e que ten o mellor exemplo na obra do leiraparking”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies