Transparencia

O PP acusa a Caballero de “ignorante ou mentiroso” por dicir que Feijóo non fixo nada por Lugo

By 19 Febreiro, 2020Sin comentarios

O voceiro popular Ramón Carballo recomenda a Caballero “que antes de poñer deberes ao PP llos poña á alcaldesa que leva anos bloqueando proxectos de futuro para Lugo e investimentos millonarios da Xunta en infraestructuras como o novo auditorio, a remodelación do barrio da residencia ou o Colexio do Sagrado Corazón”

O voceiro do Partido Popular asegura que as declaracións de onte de Caballero en Lugo son “unha sarta de mentiras” que responden ao nervisismo dun candidato que sabe “que non as ten todas consigo”. Ramón Carballo explica que “dicir que Feijóo non fixo nada por Lugo só pode significar que ben ou é un ignorante, ou ben que minte de forma maliciosa para sacar un rédito político”.

Carballo tamén recriminaba á alcaldesa de Lugo a súa “cara dura por negar á realidade” reflexionando que “hai cuestións que son interpretables pero cando se trata de algo evidente non se pode dicir que non existe”. Para os populares con esta actitude negacionista os socialistas perden credibilidade e, nese senso, o voceiro popular enumeraba algunhas das inaguracións nas que estivo Feijóo como: a apertura do HULA, o corredor Nadela- Sarria, a ponte Paradai así como o impulso que se está a acometer na remodelación do barrio da residencia onde xa se demoleu o vello hospital e están en proceso de construción no materno para a súa reconversión en Centro Integral de Saúde; tamén son significativas as obras de remodelación do Instituto das Mercedes, a apertura dunha nova gardería en Paulo Favio, ou o novo colexio do Sagrado Corazón que se abrirá o vindeiro curso académico…

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies