EconomíaTransparencia

O PP acusa a Lara Méndez de empregar os contratos menores como unha axencia de colocación para as listas do PSOE

By 13 Marzo, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide explica que tras realizar unha primeira análise dos contratos menores de 2022 comprobouse como Lara Méndez beneficiou en numerosas ocasións a varias persoas que figuran en postos de saída da súa candidatura para as municipais

Os contratos menores no Concello de Lugo seguen a ser empregados por Lara Méndez como unha axencia de colocación, xa que na listaxe de contratos menores que se concederon durante o ano 2022 pode verse como hai algunha das caras novas que integran a lista da candidata do PSOE.

Antonio Ameijide explica que despois botar unha primeira ollada aos contratos menores de 2022 e anos anteriores comprobamos como “Lara Méndez empregou os contratos menores como unha plataforma de contratación e a proba é que as dúas únicas persoas que convenceu para formar parte da lista foron claramente beneficiadas nos contratos menores”.

Un destes exemplos é o caso do número 6 da candidatura, Jorge Bustos, que dende o ano 2020 aumentou notablemente o número de contratos menores recibidos por parte do goberno de Lara Méndez. Así, en 2020 facturou ao Concello de Lugo (a través da súa empresa) 10.890€ (nun único contrato); en 2021 26.952,75€ (en tres contratos); e en 2022 82.025,90€ (en oito contratos). En total, 119.868,65€.

Tamén é curioso que a número 9 da lista, Ángeles Novo, que nos últimos anos tamén aumentou a súa facturación e actividade co Concello de Lugo. En 2021 facturou 605€ nun único contrato, mentres que en 2022 facturou 3.678,40€ tamén nun único contrato. En total 4.283,40€, pero a realidade é que posiblemente facturase unha cantidade maior xa que nas redes sociais do Concello de Lugo e desta persoa figuran charlas sobre nutrición para o Concello de Lugo dende o ano 2020.

Ameijide destaca tamén o caso de Waldir Sinisterra, que aínda que non aparece na listaxe de contratos menores “é o antigo socio de despacho de Paula Alvarellos”. “Queda patente que ninguén quixo acompañar a Lara Méndez na candidatura e tivo que recorrer a este tipo de tretas para poder  formar a lista”, explicou.

E nesta primeira análise que os populares realizaron dos contratos menores de 2022 destacan que Lara Méndez gastou 7.225.540,16€ neste concepto deixando datos tan preocupantes como:

  • Non cumpriron coa obriga de actualizar trimestralmente os contratos menores e non foi ata marzo de 2023 cando publicaron todos os contratos menores de 2022, nunha mostra clara de falta de transparencia
  • Lara Méndez outorgou 1.496 contratos menores en 2022
  • Os contratos menores de 2022 deixan cifras tan alarmantes como que gastaron 22.865,63€ en contratos menores ao día
  • custe medio de cada contrato menor asignado por Lara Méndez en 2022 foi de 4.829,90€

Doutra banda, para Antonio Ameijide a listaxe que publicou o goberno de Lara Méndez segue a ocultar datos, xa que non se facilita, entre outros datos, o número de empresas ás que se lle pediu oferta, un dato fundamental para coñecer se deron participación ou non a autónomos de Lugo. Todo apunta a que o bigoberno segue a empregar a fórmula dos “contratos a dedo saltándose o principio de igualdade que se supón debería aplicar”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies