Infraestruturas

O PP acusa a Lara Méndez de manipular aos veciños da Residencia tras suprimir case 300 aparcamentos no barrio

By 5 Novembro, 2021Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide acusa a Lara Méndez de suprimir 300 prazas de estacionamento na Residencia e manipular e tentar enganar aos veciños coa creación de 48 aparcamentos no entorno do Castiñeiro, a medio quilómetro, non sendo útiles para os veciños da contorna da vella residencia

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, acusa a Lara Méndez de “manipular” aos veciños da Residencia tralo anuncio realizado pola rexedora de crear 48 prazas de estacionamento tras destruír uns 300 aparcamentos para crear o carril bici.

Varios concelleiros populares visitaron onte A Residencia, onde tiveron ocasión de reunirse con veciños e comerciantes do barrio, para comprobar como recibiran no barrio estea nuncio, xa que a solución proposta por Lara Méndez pasa por reordenar o tráfico na Avenida de Breogán, nas proximidades da Praza do Castiñeiro, unha zona na que as prazas de estacionamento tamén son necesarias, pero que non soluciona o problema creado por Méndez na Residencia.

Ante esta situación, Antonio Ameijide propón a Lara Méndez que estude a posibilidade de buscar bolsas de chan na Residencia para poder negociar cos propietarios a cesión temporal deses terreos para crear neles novas prazas de aparcamento e así paliar a perda de 300 estacionamentos.

Ante esta nova posible solución, os populares instan a Méndez a poñerse a traballar nestes posibles convenios para habilitar novos aparcamentos disuasorios, que poderían pasar por unha “cesión temporal e a cambio o concello asumiría a limpeza e mantemento do solar así como a sinalización e, incluso, se podería estudar exencións ou bonificacións aos propietarios destes solares, por exemplo no IBI”.

O concelleiro popular recorda a Méndez que o carril bici é unha proposta moi interesante para Lugo, pero non a costa de danar a un barrio enteiro, suprimindo centos de prazas de aparcamento sen dar solucións útiles e reais para os veciños afectados, que non serán unicamente os deste barrio, se non que serán todos os veciños da cidade xa que cómpre recordar que nesta zona a Xunta de Galicia está a construír un centro de saúde, un PAC, unha residencia para persoas da terceira idade e unha oficina de emprego.

Tamén urxe o vicevoceiro popular unha correcta sinalización do tráfico no barrio, xa que moitos veciños afirman non saber que facer xa que as sinais verticais e as horizontais entran en conflicto, xa que hai zonas nas que discorre o carril bus pero se permite, segundo a sinalización, estacionar aos autobuses ou outras zonas nas que hai carril bici pero a sinalización vertical establece a zona como aparcamentos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies