Infraestruturas

O PP acusa a Méndez de escusar a falta de implicación de Adif na intermodal de Lugo

By 31 Agosto, 2020Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo interpreta as declaracións de onte da alcaldesa como un “xesto de complicidade co goberno de Sánchez que aínda non definiu o financiamento ao que se compromete con esta infraestructura de Lugo”

O voceiro do Grupo Popular e deputado no Parlamento de Galicia Ramón Carballo pide á alcaldesa de Lugo “altura de miras” e, nese senso, solicítalle que “se deixe de escusar ao goberno central logo de que abandonase o proxecto da intermodal do que nada sabemos dende que hai ano e medio, en plena campaña electoral, facían a súa presentación”.

Carballo cre que Méndez intenta desculpar a falta de implicación de Adif con esta infraestructura que segue en punto morto xa que “nin hai proposta de financiamento, nin prazos realistas”.

O popular reflexionaba “que podemos esperar dunha alcaldesa que non é capaz de reclamar para o seu municipio a Alta Velocidade, ou dunha alcaldesa que cede os cartos dos lucenses ao goberno central” lembrando como votaron en contra, en pleno, da intención do Goberno central de incautar os remanentes e o superávit do Concello.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies