O Grupo Municipal do Partido Popular acusou á alcaldesa de Lugo de amparar o pago con diñeiro público ao cantante dun grupo que humilla ás vítimas do terrorismo. Para os populares a autonomía que lles concede Lara Méndez aos do BNG tradúcese “nun cheque en branco para que deseñen o cartel do San Froilán favorecendo a contratación de agrupacións dunha ideoloxía concreta politizando unhas festas que son de todos”.
Para os populares “a manga ancha e o pasotismo do PSOE de Lugo” pon de manifesto a súa “permisividade co seu socio no goberno” engadindo que “non son máis que uns mercenarios políticos que se quedan mudos con tal de seguir ocupando sillón e pisando moqueta”.
Ameijide insiste en que coa súa actitude a alcaldesa está avalando “que un individuo condenado por enaltecemento ao terrorismo cobre o seu caché pagado por todos os lucenses”.
Os populares recalcan que “a contratación de DefConDos foi a golpe de imposición. Todo o contrario ao espíritu que debería ter a organización das festas patronais onde sempre primou o consenso” .
Esta situación pon de manifesto “a debilidade do goberno socialista” e, nese senso, Ameijide pide “responsabilidade nas futuras contratacións” para que Lugo teña un programa que sexa para todos os públicos e non só para ideoloxías radicais.
O vicevoceiro popular amosou o seu asombro polas declaracións da rexedora local nas que se cualificou as festas do San Froilán como “pequena cuestión” lamentando “a pouca altura de miras da socialista por renegar das festas patronais”