Economía

O PP acusa a Méndez e Arroxo de antepoñer a axenda dos seus partidos aos orzamentos de Lugo

By 20 Decembro, 2021Sin comentarios

Ramón Carballo: “As contas que nos presentan hoxe para 2022 retratan a un goberno que só busca sacar rendibilidade electoral pero que carece dun proxecto único para Lugo”

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo asegurou hoxe que o Grupo Popular non pode  apoiar as contas do PSOE e do BNG para 2022 “porque nin atenden as necesidades reais dos lucenses, nin están pensadas para a recuperación postpandemia e poderían acarrear unha suba encuberta das taxas e impostos”.

O voceiro dos populares aproveitou a súa intervención no pleno para afear que Méndez e Arroxo por “antepoñer as axendas do seu partido á axenda municipal” en alusión a que “atrasaron a sesión do  pleno para que a alcaldesa puidese ir a Ourense a aplaudir a chegada dun AVE, que a Lugo no vagón de cola e para que o seu vicealcalde protestase, cunha viaxe en tren, polo desprezo de Sánchez polos servizos ferroviarios que temos esquecéndose que o BNG  axudou co seu voto a que estea na Moncloa”.

“Estamos diante dunhas contas que só son solidarias cos seus afíns. Proba delo é que xestionarán 4,6M€ € en gastos diversos para o  autobombo persoal de Méndez e Arroxo” manifestaba. Por outra parte asegurou que “non podemos respaldar uns orzamentos onde non aparecen partidas para concluir proxectos que levan anos prometendo como a praia fluvial ou que carece de orzamentos para a posta en marcha do novo Auditorio de Magoi”.

Durante a súa intervención, o voceiro dos populares de Lugo manifestou que “as desavenencias deste bigoberno nos siguen saíndo moi caras aos lucenses. De feito transformaron a concellería do PSOE de Promoción do Emprego nunha concellería paralela de obras á área de Infraestructuras do BNG coa única finalidade de sabotar aos nacionalistas. En conclusión, reflexionaba “os perxudicacos, como sempre, son os lucenses a quen lles sacan fondos para fomentar o emprego para facer obras nesta nova área socialista que competirá coa do BNG”.

Ramón Carballo lembrou que “estes orzamentos se fixeron sen diálogo e sen participación de ninguén e que se resume en máis do mesmo” lembrando que “presentamos 76 propostas en positivo e con afán constructivo que se encontraron co muro infranqueable da alcaldesa, Lara Méndez, e o seu vicealcalde, Rubén Arroxo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies