Seguridade

O PP acusa a Méndez e Arroxo de mentir sobre o peche de ‘Las Palmeras’ xa que non hai ningún decreto asinado que o ordene

By 20 Marzo, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide explica que, tras consultar en varios departamentos municipais, coñeceuse que se iniciou un expediente de sanción aos propietarios deste after e dálles a oportunidade de corrixir as deficiencias detectadas polo que se segue aberto os problemas de convivencia seguirán presentes no barrio

O peche do local de ocio nocturno ‘Las Palmeras’ non será real no mellor dos casos ata dentro de catro meses xa que non hai ningún decreto que ordene o peche do local, senón que o que se fixo foi o  inicio dun proceso sancionador no que se informa aos titulares da actividade de que teñen que corrixir unha serie de deficiencias para poder continuar co local aberto ao público.

Antonio Ameijide explica que é certo que o propósito deste proceso sancionador ten como fin o cese da actividade, pero “tamén é certo que se os propietarios corrixen as deficiencias non hai motivos para o peche do local” polo que queda claro que “nin Lara Méndez nin Rubén Arroxo teñen interese algún en que peche ‘Las Palmeras’ para poñer fin aos problemas de convivencia na zona”.

Este proceso sancionador dá un prazo de tres meses aos titulares da actividade para corrixir as deficiencias detectadas e tamén un prazo de 15 días, dende a notificación do inicio do expediente para presentar alegacións.

Antonio Ameijide afirma que queda claro o “electoralista” da medida tomada por Rubén Arroxo xa que tanto a alcaldesa como o vicealcalde hai anos que teñen coñecemento dos problemas de convivencia xerados pola actividade deste after e que agora “volveu a xerar friccións e aumentar a brecha existente no equipo de goberno”.

Dende o Grupo Municipal Popular pedirase acceso ao expediente deste proceso sancionador ademais de seguir ao servizo dos veciños cos que nos últimos meses mantivéronse varias xuntanzas para atopar solucións aos problemas que teñen a diario.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies