Mar Caballas “os socialistas están fóra da realidade” en alusión a que “o pasado venres, tras 3 convocatorias, non foron quen de adxudicar 9 hortos do Rato e que en xuño no Concello “sucedeu máis do mesmo” quedando 7 hortos municipais libres no parque dos Paxariños de Fontiñas tras sacar ata en dúas ocasións a concesión
O Partido Popular cuestiona a necesidade dos 74 hortos urbanos VIP que a alcaldesa quere acondicionar no entorno do Impulso Verde a 10.000 € por parcela. A concelleira popular Mar Carballas fai esta reflexión logo de que na Xunta Goberno celebrada o venres pasado na Deputación se aprobase o procedemento para a concesión de autorizacións de uso dos hortos urbanos do parque do río Rato (4ª fase), mediante concorrencia pública. A popular explica que “se trata de 9 hortos urbanos que estiveron un ano sen utilizarse por renuncias”. No caso da adxudicación destas parcelas que suman 150 houbo que facer ata tres convocatorias e non foron suficientes xa que quedaron 9 espazos libres que volverán a sair a concurso.
Os populares lembran que “ocorreu algo similar” cos hortos urbanos municipais do parque dos Paxariños onde “o goberno local tivo que tirar da lista de agarda, dos admitidos fóra de prazo ou de cidadáns que xa disfrutaran deles na anterior edición”. Nesa listaxe definitiva da convocatoria de procedemento para outorgar os hortos urbanos municipais do parque de Paxariños, que se aprobou na xunta de goberno local do 22 de xuño, figura que quedaron 6 libres. Neste caso houbo dous concursos quedando baleiro preto do 20% do espazo destinado a cultivos.
Os populares logo de coñecer que se vai volver a licitar o acondicionamento destes hortos de alto standing preguntan cales van ser os novos prazos cos que nos sorprenda o goberno local. Carballas concluía “o fracaso e a falta de xestión deste bigoberno chega a tal punto de que nos imos encontrar con que van facer a licitación das 74 hortas VIP do Impulso Verde cando xa tiñan que estar feitas para o seu uso”. A popular lembraba como “o 13 de maio adxudicouse esta intervención que tería que estar concluída en outubro, cun orzamento 727.474,80”.