#LugoaExameEducación

O PP acusa a PSOE e BNG de deixadez de funcións e critica a desinformación aos pais e nais no conflicto laboral da gardería Gregorio Sanz

By 14 Outubro, 2024Sin comentarios
  • Para o Partido Popular “o goberno local non está á altura das circunstancias na crise aberta na gardería municipal, a situación de maior irresponsabilidade vista no concello de Lugo nas últimas dúas décadas” lamentando a deixadez de funcións así como a falta de información ás familias que precisan do servizo da gardería municipal. Unha das consecuencias da falta de previsión é que “en catro días cambiaron ata tres veces de coidadores aos 34 nenos que utilizan o servizo”

 

  • Elena Candia que lembrou que este conflicto laboral arrastra dende o ano 2014/2015 se agravou no ano 2019 recriminándolle á alcaldesa que, por aquel entón era concelleira responsable de persoal “enviou á fiscalía esta cuestión”

 

  • Pedimos responsabilidades ao goberno local dos motivos polos que o conflicto laboral deste centro non se atallaron a tempo xa que “Paula Alvarellos era coñecedora desta situación” explicando que “fixeron caso omiso da petición de axuda das traballadoras; tampouco contestaron ao Valedor do pobo; nin a inspección de traballo nin ao Comité de Avaliación de Acoso laboral.

 

  • A estas catro institucións se lles ignorou de maneira reiterada, ademáis o pasado 2 de setembro as traballadoras advirten do que ía acontecer

 

  • A popular tamén se referiu ao informe do Comité de avaliación de Acoso Laboral que se creou o 22 de xullo de 2022 para resolver esta casuística no que se propoñen varias medidas para resolver este conflicto laboral e llas remite órgano municipal competente e á delegada de persoal, Paula Alvarellos, para que adopte a resolución que corresponda no prazo de 10 días que nunca se chegan a materializar e engadiu que nin tan sequera se fixo un protocolo de acoso tal e como se recomendaba.

 

  • Neste contexto chegamos á situación actual onde pais e nais das garderías de Gregorio Sanz e Serra de Outes teñen unha total incerteza do que vai suceder e como solución provisional se contrata a unha empresa privada a través dun contrato de emerxencia (decreto 9 de outubro de 2024) en vez de recurrir ás listas de interinidade.

 

  • Por último, dende o Grupo Popular puxémonos a disposición de traballadoras e pais e nai informándolles a través dun escrito, que está no taboleiro da propia gardería, dos pasos que a agrupación está a dar para contribuir a que “haxa unha información clara e transparente e que de maneira urxente se adopten as medidas necesarias para que a calidade do servizo e a tranquilidade dos usuarios sexa o primeiro”

 

  • Para os populares tamén resulta inexplicable e indignante “o descoñecemento e a deixadez de socialistas e nacionalistas cos problemas de funcionamento da gardería unha vez que se lles comunica a situación na que está, así como a falta de implicación e de poñer riba solucións, unha actitude que contrasta totalmente cos ataques que fan cando critican a outras administracións.

 

  • Agora é o momento de resolver o conflicto para tranquilizar aos pais e nais e máis tarde virán as responsabilidades.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies