CulturaEconomíaTurismo

O PP acusa ao bigoberno de “manter unha estratexia electoralista” ao aprazar a candidatura de Lugo como Capital Gastronómica a 2023, ano das municipais

By 26 Marzo, 2021Sin comentarios

Os populares puxeron hoxe a disposición do bigoberno os apoios das entidades que confiaban na candidatura de Lugo como Capital Gastronómica para 2022

Os concelleiros do Partido Popular puxeron a disposición  da alcaldesa e do vicealcalde “todas as cartas e  apoios recibidos para impulsar a candidatura de Lugo como Capital Gastronómica de España para o ano 2022”.

“É unha irresponsabilidade que PSOE e BNG pensen unicamente en clave electoral á hora de posicionarse diante dunha iniciativa á que dan respaldo de forma enérxica os sectores de Lugo castigados pola crise da covid”. Ramón Carballo acusou a Lara Méndez e a Rubén Arroxo de votar seguindo unha estratexia electoralistas xa que aprazan para o ano das eleccións municipais a posibilidade de obter para Lugo este recoñecemento.

“Oxalá recapaciten” manifestaba o voceiro popular a quen non lle doe en prenda entregar as cartas recibidas tralo mailing realizado para recabar apoios á proposición “cedémoslles toda a documentación, cedémoslles sen problema o protagonismo” salientando que “o que aquí importa é traballar para promocionar Lugo”. “Tiñan a oportunidade de lucirse e de liderar, nun momento moi complicado, unha proposta que suporía dar un pulo ao turismo na nosa cidade”

Os populares insistiron en lamentar que “o sectarismo e a política do rodillo da maioría do bipartito lles impedise analizar onte de forma obxectiva a proposición da Capital Cultural Gastronómica”.

Ramón Carballo insistiu en lamentar “o voto sistemático en contra das iniciativas do PP” e bota en falta “a altura de miras do PSOE e o seu socio nacionalista que rexeitaron liderar esta candidatura para 2022 que, pola contra, si dan respaldo, de forma moi enérxica, os sectores lucenses máis afectados pola pandemia”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies