Economía

O PP acusa ao bigoberno de ter nulo interese en consensuar os orzamentos para 2021

By 3 Decembro, 2020Sin comentarios

Os populares din que “unha vez máis perden as formas” en alusión a que se entregou antes a información aos medios de comunicación ca aos grupos da oposición

Dende o Grupo Municipal do PP queremos trasladar o noso malestar polas formas coas que o bipartito presenta os orzamentos municipais para o vindeiro exercicio “ofrecendo a información antes aos medios de comunicación que aos grupos da oposición”.

Unha vez máis a súa forma de actuar retrata o seu talante “de trágala” e acredita que “dende o minuto un renuncian a dialogar”. “É unha mágoa que, nestes tempos de crise sanitaria e económica, rexeiten a traballar de forma conxunta  e aparquen o diálogo”. “O lóxico sería traballar sobre un borrador que facilitase o bigoberno para que pudiésemos facer achegas ao documento e chegar a consensos”.

Lembrar que o Grupo Popular presentou o pasado 5 de novembro unha batería de 47 propostas para incorporar a este documento contable destacando “aquelas relativas a apoiar aos sectores máis afectados pola pandemia, así como reservas de partidas para cuestións relacionadas coa protección social para que “ninguén quede fóra”. Ata o momento non deron resposta a nin unha soa destas propostas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies