A concelleira popular Beatriz Vázquez, tras coñecerse a sentenza que condena por agresión a un músico da banda municipal, pide ao BNG que active o expediente disciplinario ao traballador que a protagonizou, no ano 2017, “non se poden permitir agresións físicas en ningún ámbito municipal”
O Partido Popular, tras coñecer a sentenza pola que condena a agresión dun músico da banda municipal a unha compañeira durante un ensaio, quere saber “se se vai activar o expediente disciplinario ao traballador que foi xulgado”. A concelleira popular Beatriz Vázquez preguntará en comisión “en que punto está este proceso administrativo que quedou paralizado á espera da sentenza”. A popular pide ao BNG que “non frene este expediente xa que hai que dar unha solución ao futuro da banda e non dilatar máis a súa agonía”
Xa noutra orde de cousas, dende o PP tamén se interesaron polo futuro da banda que “semella estar enquistado dende hai catro anos” e preguntan ao bigoberno “cando vai rematar o proceso para designar ao director e se van a contratar con celeridade a máis músicos unha vez que ocupe a súa praza”.
Beatriz Vázquez reflexionaba sobre a situación “caótica da banda municipal de Lugo que o PSOE iniciou desmantelándoa, e que agora o BNG está a liquidar”. Dende que tivo lugar a agresión no ano 2017 os 18 músicos da banda non volveron a actuar en público “a situación deste persoal municipal é esperpéntica, estamos desperdiciando o talento duns profesionais que, nestes momentos, cinguen a súa función a traballos de ensinanza na Escola Municipal de Música”.
Dende a chegada do PSOE á alcaldía de Lugo o número de músicos pasou de 48 aos 18 actuais. Dende o Grupo Popular reclamamos en reiteradas ocasións impulsar esta agrupación musical porque a consideramos moi importante “temos os instrumentos, temos as instalacións e agora si se incorpora o Director só faltan máis músicos”. Vázquez lamentou que a formación viva o seu peor momento dende a súa creación no ano 1879 “é moi triste que a banda máis antiga de Galicia e representativa de Lugo, esté en coma e sen visos de recuperación”.