Os populares alertan de que “se está tecendo unha trama para pagar a firmas vinculadas á ideoloxía nacionalista, e que este modus operandi xa se está a converter en algo habitual supoñendo un ataque á pluralidade da cultura local e a galega”
O Partido Popular denuncia un novo chanchullo na contratación da Cabalgata de Reis na que benefician a individuos de fóra de Lugo que no seu perfil comercial de empresa non se dedican a este tipo de actividades. “Estamos diante dun caso de fraccionamento de contratos nos que figuran dúas firmas, unha de Lalín (Xescultura) e outra de Cerceda (Urdime), que a persar de ser diferentes teñen conexións entre elas”.
O caso que o voceiro e vicevoceiro popular, Ramón Carballo e Antonio Ameijide, puxeron enriba da mesa “é un máis da política caciquil coa que o BNG, coa complicidade da alcaldesa socialista de Lugo, xestionan este departamento”, manifestaba.
De entrada, o BNG intentou “colar unha proposta para contratar, dunha atacada, por un prezo de 59.919,20€ unha montaxe titulada Fabricando Soños a Xescultura. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro e o seu asesor, logo de que se lles advertise, por parte de varios servizos municpais, de que esta operación incumpría a lei de contratos e que se informaría de forma desfavorable (o expediente para a contratación do espectáculo de Reis tal e como pretendía o bigoberno non era susceptible de informe favorable ao procedemento negociado sen publicidade por razóns artísticas) cambian de estratexia e deciden fraccionar en sete contratos para empresas afíns, de fóra de Lugo que, nalgúns casos, non se dedican a estas actividades, chegando a un importe total os 61.695€:
Os populares explican que outra das consecuencias deste caso de “caciquismo cultural do concello de Lugo” foi que montaron as carpas da Horta do Seminario e Augas Férreas coa previsión do primeiro contrato no que as actividades arrancaban o 2 de xaneiro. Como houbo un cambio de plans da proposta inicial con Xescultura quedaron as carpas montadas baleiras de contidos. “Foi un derroche de cartos xa que pagamos o aluguer, seguridade e limpeza por ter máis dunha semana as carpas instaladas cando só se lles deu uso durante unhas horas”. Os populares lembraron que o espectáculo de Reis unicamente se desenvolveu o día 5 xaneiro, á mañá na praza da Horta e á tarde en Augas Férreas.
- 059€ (Xescultura- Lalín) Para os espectáculos de Cartas de ilusión. Horta do Seminario.
- 968,50€ (Urdime-Cerceda) para un espectáculo similar en Augas Férreas
- 362,85€ (Armindo Salgueiro Pájaro-Lalín) Produción de espectáculos Augas Férreas e Horta do Seminario
- 089€ Produción Fabricando soños 3 carpas
- 706,75€ Toldos
- 395,69€ Seguridade
- 113,57€ Limpeza
Os populares alertan de que “se está tecendo unha trama de contratos a dedo a afíns dende distintas concellerías pero, moi especialmente no departamento de cultura”. Os populares manifestaron que non é casualidade que, unha vez desmantelada a primeira proposta por ilegal, se fraccionase en varios contratos que acabaron en mans de Xescultura (18.059 €) e Urdime (17.968,50 €), unhas firmas que curiosamente fan traballos conxuntos, ou que, tamén, de forma fortuíta a produción dos escenarios do Magos recaesen nun pintor de Lalín (7.362,85 €). Antonio Ameijide explicou que “casualmente unha das firmas se publicita na páxina web da outra, e tamén casualmente producen obras teatrais da compañía de teatro creada polo asesor político de cultura que participa e coordina a xestión destes contratos”.
Para os populares a única forma de evitar que a política cultural de Lugo sexa un adoctrinamento ideolóxico do BNG sería recuperar o papel “imparcial e obxectivo” dos funcionarios do servizo. “Non é de recibo que se utilicen os fraccionamientos de contratos para financiar a empresas de ideoloxías afíns, como tampouco é de recibo que concelleiros e asesores políticos se dediquen ao trato directo coas empresas e a pedir ofertas económicas cando ese é o traballo dos empregados públicos municipais para garantir a integridade dos procesos”.
Para os populares “a alcaldesa é cómplice e responsable desta situación, ben por coñecela e admitila, ou ben por descoñecemento” matizando que agora urxe tomar medidas para que non se repitan máis casos de amiguismo nas contratacións de cultura.
Antecedentes
O Partido Popular denunciou o pasado mes de setembro a contratación a dedo a Urdime dos programas de verán de Lugo. Nas propostas de gastos de “O que queda de verán”, “Tarde, Tardiña”, “Reencontros musicais” e “Facela” dos 27 contratos realizados “tan só nun se pediron tres ofertas tal e como se require no código de boas prácticas”.
En resumo o goberno local pagou 23.605.71 aos grupos que “lle petou” e que actuaron en catro programas culturais durante o periodo estival.