- Na iniciativa solicítase que haxa máis operarios no cemiterio para cubrir as demandas dos lucenses que queren facer enterros en horario de tarde
SÁBADO 17 DE FEBREIRO DE 2024
- O popular Gustavo Díaz explicou que é preciso cubrir o posto de operario de cemiterio, que vén de quedar vacante, así como sacar a concurso as 2 prazas que figuran na Relación de Postos de Traballo para ampliar, deste xeito, a plantilla a 8 persoas e así poder dobrar quendas de traballo ás tardes
- Dende o PP lamentan que as rivalidades políticas impacten directamente nos servizos que se prestan aos lucenses explicando como “o BNG depende que a área de persoal, que xestiona o PSOE, que é quen debe axilizar a incorporación de novos traballadores e cubrir as vacantes que se produzan”
- Gustavo Díaz asegura que “a situación actual de reducir o horario dos enterros en horario de mañá podería terse evitado cunha mellor coordinación e planificación das dúas partes do goberno” indicando que “o radicalismo dos nacionalistas afecten a aspectos tan íntimos da vida cotiá como son os horarios dos enterros”
DATOS PERSOAL CEMITERIO
Na actualidade está sen cubrir unha vacante de operario de cemiterio.
PERSOAL NO SERVIZO HOXE
1 Encargado
3 oficiais sepultureros
3 operarios de cemiterio (una vacante sen cubrir)