MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO DE 2023
- O goberno local fixo obras en SETE PUNTOS DO CASCO HISTÓRICO para implantar un sistema de control de acceso para vehículos non autorizados mediante a lectura de matrículas.
- O contrato da adxudicación deste mecanismo polo que os lucenses pagamos 253.744,99 € ten data do 8 de xaneiro de 2020 e conta cunha garantía de 5 anos que remataría no 2025. Os dispositivos montáronse e probáronse hai máis dun ano (abril de 2022) pero as cámaras nunca estiveron operativas.
- Este proxecto de renovación do sistema de control de acceso con cámaras é outro exemplo dos proxectos fallidos do goberno local de Lugo que DERROCHA en obras que fracasan e que non son capaces de poner en marcha por FALTA DE XESTIÓN.
- Mar Carballas: “a alcaldesa vendeu un mecanismo moderno para substituir aos antiguos bolardos, probou o sistema (abril de 2022) pero non foi quen de poñenlo en marcha”
- A concelleira popular concluía “onte dicía a alcaldesa que iba a poñer axentes para controlar a entrada de vehículos ao recinto amurallado. Non houbera sido moito máis lóxico ter operativo este sistema de control de acceso con cámaras, xa pagado e instalado?