Esta semana os hostaleiros con terrazas de Lugo están recibindo os recibos do cobro por ocupación de vía pública con casos nos que pasan de pagar, nun intervalo de catro anos, de 212,52€ a 1.850,40€.
Dende o Partido Popular lamentamos que “ninguén lles notificase aos hostaleiros cando e canto se lles ía cobrar polas súas terrazas, nin tan sequera se lles consultou a súa superficie lembrando como antes da pandemia solicitaban a terraza e se lles enviaba un decreto cos metros ocupados, condicións xerais para a instalación, etc”
No PP cren que “a falta de indicacións claras do procedemento suxire que os hostaleiros poderían ter motivos para reclamar o cobro das taxas xa que o goberno local non seguiu os protocolos habituais e houbo desinformación”
A concelleira popular explicou que TER UNHA REGULACIÓN é fundamental de cara a dar SEGURIDADE XURÍDICA E CERTEZA aos empresarios que optan por estás instalacións nos seus negocios, pero tamén permite que se GARANTA A SEGURIDADE dos usuarios das vías e beirarrúas