A concelleira popular Beatriz Vázquez afirma que “se carece dun criterio uniforme para realizar as contratacións e que en ningún momento, se deron explicacións técnicas para xustificar unhas actividades e outras non” matizando que “por exemplo, non comprendemos a que se debe a que as charangas non podan actuar, pero os grupos tradicionais pola rúa si”
O Partido Popular afirma que se suceden os capítulos de desencontros e de declaracións cruzadas entre PSOE e BNG a conta das Festas do San Froilán. “Mentres a alcaldesa di que é importante manter o espíritu das patronais” o BNG renuncia aos fogos artificiais e tamén ao alumeado para “evitar a súa interpretación, por parte da poboación, como un sinal de ambiente lúdico e festivo” tal e como se recolle no decreto asinado pola edil de cultura.
Para o Partido Popular resulta “sorprendente” que os nacionalistas, co amparo do PSOE, utilicen un criterio diferente á hora de contratar as actuacións dos festexos “renuncian ás charangas, sen dar ningunha explicación técnica, pero sen embargo non se privan de contratar gaiteiros, pandereteiras … etc para participar na que eles estan a denominar “Feira Cultural do San Froilán”.
Vázquez di que a responsable do BNG volve a eludir a responsabilidade de manter a importancia e a pluralidade das festas patronais desta cidade xa que é clarísima á degradación ás que as somete ano tras ano: “este ano nin festas, nin é de recibo denominar feira cultural ao que está a contratar”.
A popular concluía que “estamos de novo diante dunha clara politización das patronais escollendo a dedo, o BNG e asesores, aos grupos sen dar participación a outros”
Os populares tamén lamentaron que por falta de xestión “nin tan sequera son capaces de promocionar o pouco que contrataron para estas patronais” en alusión a que “a dos días do comezo das festas nin tan sequera está dispoñible o programa de man e a cartelería vén de chegar”.