EconomíaInfraestruturasTransparencia

O PP acusa de oscurantismo a Méndez e Arroxo por tumbar a creación dunha comisión de investigación sobre a fábrica da luz

By 25 Marzo, 2021Sin comentarios

O Partido Popular acusa á alcaldesa de Lugo e ao seu vicealcalde de falta de valentía e de oscurantismo por votar en contra de crear unha comisión de investigación sobre a fábrica da luz. Os populares aseguran que o voto en contra de socialistas e nacionalistas “o único significado que ten é que hai moito que ocultar da súa xestión con esta concesión, e que queren dirixir a tramitación do pago desta indemnización millonaria á concesionaria da fábrica da luz dende a sombra”. Por último se preguntan “que é o que teñen que tapar?”.

Carballo tamén criticou que o Bloque Nacionalista Galego asuma, nesta cuestión, un papel de cómplice necesario e avale co seu voto que sexamos todos os lucenses os que paguemos a indemnización de 2,4 M€ en lugar dos políticos.

No transcurso do debate os populares retaron a Méndez a cumprir a súa promesa de facer unha consulta pública sobre a fábrica da luz “pedimos unha consulta real na que se lles pregunte aos veciños e ás veciñas se queren que Lugo pague a indemnización ou se queren que a condena de 2,4 millóns de euros a paguen do seu peto os políticos responsables.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies