Transparencia

O PP acusa de oscurantismo ao goberno local por non facilitar documentación dunha factura de 1.5M€ de Urbaser

By 30 Abril, 2024Sin comentarios
  • O PP denuncia que o bipartito de Lugo incumpre a Lei da Transparencia xa que “leva dende setembro de 2023 sen publicar os contratos menores na páxina web do portal de transparencia do Concello de Lugo”
  • A concelleira popular Mar Carballas explicaba que os últimos documentos que aparecen corresponden ao mes de setembro cando teñen a obriga de colgar os contratos menores trimestralmente.
  • “Ao concello de Lugoainda ten moito camiño que percorrer para adaptar a Lei da transparencia as súas rutinas” engadindo que “é outra asignatura máis que ten pendente o bipartito xa que de forma recurrente incumpren a lei por non actualizar estes documentos en tempo e forma”
  • En setembro o PP presentou un rogo para que se correxise esta situación cuxa obrigatoriedade se recolle na Lei 19/2013 do nove de decembro sobre acceso a información pública e o bo goberno e a que hoxe e Paula Alvarellos dixo que “próximamente teríamos esa información colgada no portal de transparencia municipal”.

TRABAS ACCESO DOCUMENTACIÓN

  • No Grupo Popular poderían enumerar varios exemplos de oscurantismo a conta do acceso aos diferentes expedientes o último a factura de 1.5 € a Urbaser por servizos prestados en 2022.
  • Primeiro incorporan, 15 minutos antes da celebración da comisión de contas, que se celebra o pasado 19 de abril, e por vía de urxencia este asunto. Como o expediente non estaba completo o día 22 reclamamos por rexistro o expediente completo que incluía o informe de medioambiente e tamén se solicitan  todas as facturas emitidas por Urbaser mentres foi a adxudicataria do servizo de limpeza.
  • O día 24 reiteramos que completen os documentos que faltan entre outros a, data de hoxe, non tivemos acceso a propia factura detallada de 1.5M€. Seguimos esperando.
  • Mentres socialistas e nacionalistas poñen trabas ao acceso da información a alcaldesa sorprende no pleno cunhas declaracións insólitas dicindo que “ela entrou e atopou esta factura” reflexionando “

 

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies