#LugoaExameAccesibilidadUrbanismo

O PP advirte da perigosidade dos perfís metálicos que se están colocando nas zonas axardinadas de Camiño Real

By 7 Xullo, 2023Sin comentarios

O Partido Popular advirte que a solución que o goberno local escolleu, para evitar que a terra dos parterres de Camiño Real se espalle e manche a rúa, incumpre a normativa de accesibilidade.

Os populares lembran que o pavimento nun espazo público debe ser continuo e sen resaltes dunha altura superior aos 4 milímetros tal e como se recolle nas normas de accesibilidade.

Neste caso salta á vista que os perfís metálicos de varios centrímetros de altura supoñen un perigo para os peóns. Se alguén cae sobre eles as consecuencias poderían ser graves para as persoas e tamén podería derivar en novos casos de responsabilidade patrimonial contra o Concello.

Este tipo de detalles delatan, unha vez máis, a improvisación e os parches de última hora aos que nos ten acostumados o goberno local de Lugo.

De momento só se colocou este sistema nun dos parterres que hai neste tramo de Camiño Real entre a confluencia da Ronda da Muralla e Concepción Arenal.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies