EconomíaTransparencia

O PP advirte de que en dúas semanas Méndez terá que dar explicacións no xulgado dos 117 avisos de ilegalidade en tan só 7 dos 44 contratos caducados

By 22 Abril, 2019Maio 8th, 2019Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que segundo un novo informe de contratación, do 15 de abril, se poñen sobre a mesa as sospeitas sobre os métodos empregados por Lara Méndez na xestión dos contratos municipais xa que só neste mandato a rexedora recibiu 117 avisos de ilegalidade por parte dos funcionarios municipais tendo en conta só 7 dos 44 contratos caducados que hai no Concello de Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desvelou un novo informe do servizo de contratación do Concello de Lugo no que se da un novo “tirón de orellas” a Lara Méndez pola súa “escura e dubidosa” xestión en materia de contratación.

Antonio Ameijide explica que neste informe, ao que tivo acceso o Grupo Municipal do Partido Popular, os técnicos municipais enumeran 117 novos avisos de ilegalidade en tan só sete contratos:

1. Auditorio Gustavo Freire, produción do MIHL e actividades de rúa
2. Servizo 010
3. Mantemento, mellora e conservación das zonas verdes e arboredo viario
4. Ciclo da auga
5. Servizo de limpeza en dependencias municipais
6. Servizo de recollida de residuos, limpeza viaria e explotación do vertedoiro municipal
7. Servizo de conservación e mantemento das instalación de iluminación pública

Para Antonio Ameijide a situación “cada vez vai a peor” xa que no último informe ao que tivo acceso o Grupo Municipal do Partido Popular se enumeraban 102 avisos referentes á necesidade de licitar os 44 servizos co contrato caducado ou sen contrato que hai no Concello de Lugo e agora atopámonos con 117 avisos en só sete contratos. “Está claro que o único que sabe facer Lara Méndez en canto á xestión dos contratos caducados e mirar cara outro lado e desoír os avisos dos técnicos municipais”, expuxo o popular.

O voceiro popular sinala que “non é unha situación nova” pero, pese a iso, non deixa de ser alarmante que pese aos “reiterados e periódicos” avisos que recibe a alcaldesa por parte dos diferentes servizos municipais, non “hai visos de regularizar a situación”. Por ese motivo, o popular recorda que a alcaldesa terá que explicar en sede xudicial a súa política en materia de contratación á fronte do Concello de Lugo, despois da investigación iniciada polos xulgados lucenses, a raíz dunha denuncia penal presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular, despois de coñecer que o número de contratos caducados no Concello de Lugo era de 44, pese a que Lara Méndez colleu o bastón de mando municipal con só 6 contratos caducados. Neste senso, Ameijide recorda que será nos xulgados onde Lara Méndez terá que respostar por un suposto delito de prevaricación e outro suposto delito de malversación de fondos públicos. Unha declaración que abrirá o propio Antonio Ameijide o vindeiro 2 de maio, en calidade de denunciante, e dous funcionarios municipais.

Unha política en materia de contratación “un tanto estraña” xa que no informe do servizo de contratación se recolle que, por exemplo, no que se refire a un servizo tan básico e sinxelo como o ‘Subministro de papel para impresión en dependencias municipais’ leva dende o 14 de xullo de 2015 caducado, xusto dende a entrada da alcaldesa no Concello de Lugo e “non fixo nada para regularizar a situación”. Pero o que máis chama a atención a Antonio Ameijide é que os técnicos municipais confirman que os novos pliegos para licitar este contrato xa están redactados e contan cos “informes favorables de asesoría xurídica e de Intervención” polo que se levaron á xunta de goberno local do 3 de abril de 2019 pero “non se aprobou o asunto”. “Que escuros motivos teñen a alcaldesa e o equipo de goberno socialista para non aprobar uns pliegos que teñen todos os informes precisos favorables”, preguntou o popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies