Infraestruturas

O PP advirte do perigo que supón a Ponte Branca, da que se desprenderon materiais nos últimos días

By 7 Outubro, 2022No Comments

Antonio Ameijide critica a Lara Méndez polo nulo mantemento realizado nesta infraestrutura que a día de hoxe segue no limbo, xa que nin Concello de Lugo nin o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana (antes coñecido como Fomento) fanse responsables das tarefas de mantemento e arranxo

O nulo mantemento que desde o Concello de Lugo (PSOE e BNG) se realiza das diferentes infraestruturas municipais queda demostrado unha vez máis cos problemas que estes días apareceron na Ponte Branca sobre o Miño.

Antonio Ameijide lamenta que a falta de mantemento que se realiza sobre esta ponte, que a día de hoxe segue no limbo xa que nin o Concello de Lugo nin o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana (antes coñecido como Fomento) fanse responsables da infraestrutura, xa é coñecida como a ‘Ponte Verde’ sobre o Miño debido á ausencia total de mantemento.

Unha falta total de interese e traballos que tivo como consecuencia nos últimos días que caeran anacos de formigón “poñendo en risco a seguridade dos lucenses”. Ante esta situación axentes da Policía Local tiveron que acordonar varias zonas da ponte “e o peor é que non é a primeira vez que sucede algo así, xa que hai anos caeron varias pezas metálicas”.

“Basta xa de fotos e propaganda. Lara Méndez ten que poñerse a traballar e manter en boas condicións as infraestruturas de todos os lucenses”, afirmou.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies