Os concelleiros populares están a revisar os diferentes treitos que xa hai do carril bici porque hai numerosas denuncias veciñais alertando de deficiencias, como que na rúa Dona Urraca, onde o carril remata nunha parede, cunha zona estreita debido á existencia dun tapón urbanístico, vehículos e bicicletas comparten a vía a pesar de circular en sentidos contrarios e case sen espazo para cruzarse
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular seguen a recibir numerosas queixas por parte de lucenses polas molestias que está a xerar o carril bici que Lara Méndez se empeñou en facer, con calzador, nun único barrio da cidade.
- Entre os problemas detectados polos veciños e trasladados aos populares está o proxecto realizado na rúa Dona Urraca, unha zona na que, entre outros problemas, os populares destacan tres:
O carril bici remata contra a fachada dunha casa - Hai un punto perigoso debido á existencia dun tapón urbanístico no que vehículos a motor e bicicletas comparten a vía circulando en sentidos contrarios a pesar de ser unha zona na que so cabe un coche xusto
- Eliminaron todas as prazas de estacionamento
Explica Antonio Ameijide que esta situación unicamente se explica polo “empecinamento” de Lara Méndez por levar adiante a obra, ante a oposición dos veciños e dos grupos da corporación. “É curioso que pese a que tanta xente lle está a dicir a Lara Méndez que lle dea unha volta ao proxecto, ela segue a pensar que ten razón e que o resto somos os que estamos equivocados”, lamentou.
Os populares tamén revisaron outros puntos nos que os veciños criticaron a obra do carril bici. Na rúa López Guntín, para facer o carril bici non so eliminaron prazas de aparcamento, senón que tamén optaron por facer máis pequena a beirarrúa.
Na rúa Germán Alonso tamén hai varios problemas. A pesar de nin terse nin inaugurado a obra, xa hai zonas nas que a pintura está borrada ou, directamente, desapareceu, “e non é a primeira vez que sucede”, xa que dende o PP denunciamos esta situación na Ronda do Carme. Pero a isto hai que engadir que, como se eliminaron prazas de aparcamento, hai ocasións nas que os veciños non teñen máis remedio que aparcar sobre o carril bici, “algo que como é lóxico non se pode facer”.
Pero o máis grave en Germán Alonso é que na parte superior da rúa é preciso replantexar o proxecto, xa que os buses non xiran ou o fan con moitos problemas, polo que os populares insisten: “é preciso dar unha volta a este proxecto”.
Antonio Ameijde explica que estes son claros exemplos “da chapuza” que Lara Méndez está a facer co carril bici, unha obra que puido ser interesante para a cidade, pero sempre que se houbese realizado un proxecto estudiado e non a calzador nun único barrio da cidade, eliminando centos de prazas de estacionamento e afundindo a todo un barrio da cidade. E remata afirmando que “aínda estamos a tempo de facer un carril bici bo para Lugo, pero sempre con consenso e sen danar ao tráfico rodado”.