Transporte urbano

O PP advirte que a reestruturación do transporte incumpre o plan de mobilidade o que pode provocar a perda de subvencións estatais

By 9 Xuño, 2021No Comments

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide advirte da posible irresponsabilidade cometida polo bigoberno xa que o prego de condicións establece que as novas liñas de transporte urbano deberían ir da man do plan de mobilidade, o que pode provocar a perda duns 150.000€ anuais de axudas estatais

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, alerta de que o goberno local podería perder unha subvención que outorga o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para sufragar o custe que supón o transporte urbano.

Antonio Ameijide sinala que o Ministerio de Transporte xa abriu o prazo para que os concellos poidan solicitar subvencións para a prestación do servizo de transporte público colectivo, que neste ano 2021 conta cun orzamento de 51,05M€. No caso do Concello de Lugo, o goberno local adoita percibir uns 150.000€ por ano, en concepto de subvención do transporte urbano.

Para optar a estas axudas, as entidades locais deberán dispoñer dun plan de mobilidade sostible para acceder a estas axudas e, no caso de Lugo, o goberno local podería perder esta subvención porque as novas liñas do transporte urbano non cumpren co establecido neste plan.

De confirmarse este extremo, advirte Ameijide que o goberno local podería incorrer nunha nova “irresponsabilidade” xa que o prego de condicións establece que a novas liñas de transporte urbano deberían ir da man do plan de mobilidade.

Neste senso, o vicevoceiro popular recorda que en xuño de 2014 aprobouse o plan de mobilidade municipal en xunta de goberno, que previamente presentaran a toda a cidadanía en novembro de 2009. “Semella que nin a Méndez nin a Arroxo lles gusta o pasado das súas formacións xa que non lles tremeu o pulso para romper ese consenso e renunciar a un plan estudiado para o transporte e para acadar unha mobilidade global en Lugo, mesmo expoñéndose a perder subvencións”, sinalou.

Outro dos aspectos que quere clarexar o popular e se este plan de transporte ten algún informe de compatibilidade co plan de mobilidade e se nalgún intre tiveron en consideración o documento guía para a mobilidade en Lugo, xa que as novas liñas do bus urbano non se parecen en nada ás do documento aprobado en 2014 en xunta de goberno local o que pode provocar que non se poida optar ás subvencións do Ministerio, o que pode encarecer o coste do transporte en Lugo.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies