Cultura

O PP advirte que a montaxe das casetas do polbo podería estar no aire

By 31 Agosto, 2016Sin comentarios

Ameijide afirma que “a mala planificación e o retraso na adxudicación destas instalacións deixan sen plan B ao goberno no caso de que a adxudicataria, no prazo de dez días hábiles, non entregue a documentación ou xurda calquera problema”

O vicevoceiro dos populares Antonio Ameijide afirma que os prazos  para a montaxe das casetas son moi xustos indicando que “é ilóxico que os socialistas agardasen a 12 días antes de que se permita a súa instalación para facer a adxudicación”. Ameijide explicou que “ao deixar para o último momento esta contratación se podería por en risco a montaxe das casetas do polbo, o principal reclamo gastronómico das patronais de Lugo”.

O popular salientou “a incertidume que planea sobre o futuro da instalación tanto dos caldeiros como das casetas do San Froilán” e pregunta aos socialistas “se teñen un plan B no caso de xurda calquera problema coa empresa que se fixo cos 4 caldeiros e tres das catro casetas”.

O vicevoceiro popular tamén criticou que no prego de condicións, polo que se fixo a contratación, non se contemple que “o caldeiro e a caseta se adxudique de forma conxunta” e puxeron en tea de xuizo “que non se esixa ningún tipo de experiencia hosteleira aos que participen no concurso”. Para os populares esta polémica adxudicación proba a desmotivación dos socialistas en manter ou mellorar o San Froilán “unhas festas que merman en detrimento doutras como o Arde Lucus”.

Os populares tamén matizaron a necesidade de que no prego de condicións das casetas do polbo figure que as empresas que se presenten “asuman unha mínima responsabilidade en caso de non cumprir as ofertas”.

Ameijide tamén trasladou a súa queixa pola decisión do goberno de Lara Méndez de excluir aos grupos da oposición das mesas de contratación “organismo no que se tramitan e adxudican os distintos procesos de contratación”. Xa por último anunciou unha batería de preguntas para que se clarifique o futuro da instalación das casetas nos bancais do parque Rosalía de Castro.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies