O voceiro do PP desvelou que a Xunta ofreceulle esta posibilidade a Méndez, lamentando “a súa miopía política por non aceptar de inmediato a opción de que o Concello albergue esta proba de ciclismo que suporía un impulso para economía local”
O voceiro do Grupo Popular do PP insta a alcaldesa a que tome a iniciativa e que acepte de inmediato a proposta que lle fixo a Xunta para que Lugo sexa etapa da volta ciclista a España.
Jaime Castiñeira lamentou “a miopía de Lara Méndez e a lentitude de reflexos” por non ver unha oportunidade de ouro nunha proposta que lle fixo a Xunta de Galicia “estamos falando dun acontecemento deportivo que contribúe á promoción turística das cidades onde se celebra xa que ten unha repercusión mediática a nivel nacional e internacional”.
Os populares afirman que xa é hora de apostar por proxectos deste tipo “necesarios para impulsar a economía local xa que estamos falando de aloxamento de equipos participantes e organización entorno a unhas 3.000 persoas”. Canto á promoción turística do municipio indicou que “a cobertura televisiva, e doutros medios tanto tradicionais como redes sociais repercutirá na difusión de Lugo”. O voceiro popular apunta que “ainda se está a tempo e mesmo suxire que o pelotón de ciclistas pase por lugares emblemáticos como podería ser dar unha volta ao redor da muralla”.
O popular tamén plantea á alcaldesa que non se repita “o erro que cometeu a semana pasada ao rexeitar reunirse coa Ministra de Fomento quedando en evidencia a súa falla de cintura política en cuestións de calado e que afectan ao futuro dos lucenses”. Castiñeira pregúntase si este comportamento político con outras administracións responde a que estamos cerca dunhas eleccións.
Castiñeira insiste en que co tema da etapa da volta ciclista para Lugo paga a pena cantos esforzos sexan necesarios no ámbito da colaboración institucional “cando se fala de promoción do territorio e a promoción do turismo de toda a provincia hai que aunar forzas dende Concello e Deputación”. Castiñeira indicou que “quen debe ter un protagonismo especial é Lugo e os lucenses e as administracións debemos estar á altura”.
Castiñeira afirma que pasados os primeiros 100 días de goberno da alcaldesa vese “que é necesario que poña os pés na terra e que aterrice canto antes xa que a percepción que traslada aos lucenses é dunha absoluta falla de reflexos por non ver oportunidades coma e dunha falla absoluta de proxecto de cidade xa que a única medida que implantou (eliminar o contrato da ORA) unha moi mala copia do programa do PP”. O voceiro do PP concluiu que as reaccións de Lara Méndez reflicten a súa inseguridade á hora de tomar decisións “vai de erro en erro” porque ainda non asumiu que é alcaldesa e non Vicepresidenta da deputación “esto é xestión diaria señora Méndez”.