Urbanismo

O PP afea a Méndez por vender a demolición das torres das Costas do Parque como un éxito de xestión

By 18 Agosto, 2022No Comments

Os populares acusan á alcaldesa “de intentar maquillar a realidade para sair indemne do urbanismo á carta de case 24 anos de socialismo en Lugo” manifestando que resulta “penoso que intente enganar á cidadanía presentando como un trunfo unha ilegalidade cometida polos seus padriños políticos”. O voceiro popular lembra que o seu Grupo leva anos pedindo a reposición da legalidade e que “as consecuencias da desfeita urbanística do Garañón a paguen os políticos do PSOE que co seu voto permitiron que se levantasen, no parque máis emblemático de Lugo, 6 torres de 9 plantas”. O PP descredita a “eficacia do procedemento” recordándolle a Méndez “que leva 8 anos prometendo que tiraría as torres” e engaden que “moito nos tememos que sexa unha nova cortiña de fume para prolongar prazos ata a campaña electoral e minimizar así a súa falta de traballo e capacidade de xestión”. Ramón Carballo explica que outra das consecuencias do urbanismo á carta do PSOE é o bloqueo de arquitectura e urbanismo xa que “se está ocupando con este asunto a funcionarios que debían estar tramitanto centos de licenzas que están nos caixóns pendentes de revisar”. Os populares piden á cidadanía que non esqueza “quen foi quen durante este proceso” resumindo “o PSOE votou, planificou  e foi o brazo executor; o BNG antes moi crítico agora cala e consinte, e o PP dende o minuto 1 advertiu do frontón da opción escollida e propuxo solucións (edificacións aterrazadas e desplazar a edificabilidade a República Arxentina)

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies