Cultura

O PP afea ao BNG por esquivar peticións para facer tours en streaming no Vello Cárcere mentres lle fai competencia desleal a profesionais habilitados do sector

By 2 Maio, 2022No Comments

A concelleira popular Beatriz Vázquez explica que o pasado 30 de marzo, rexistrouse unha petición para pedir autorización para facer esta visita en directo dende este centro cultural, solicitude que se reiterou o pasado 5 de abril sen que ata o de agora recibira ningunha resposta

O Grupo Popular pide ao BNG “maior transparencia na contratación e un trato igualitario a todos os empresarios do sector turístico de Lugo”. Esta reflexión do PP vén ao fío da “negativa dos nacionalistas a responder a unha petición que se cursou o pasado día 30 de marzo no Concello de Lugo para poder utilizar o edificio do Vello Cárcere para facer tours en streaming e que a día de hoxe, pese a que se reiterou o 5 de abril, segue sen resposta.

A concelleira popular Beatriz Vázquez explica que, curiosamente, esta petición fíxoa unha das guías da Asociación Profesional de Turismo de Galicia que recentemente amosou a súa queixa pola “competencia desleal a profesionais do sector por parte do concello” en referencia ás visitas guiadas gratuítas que ofrece a Concellería de Cultura dende hai tres anos, tanto en Semana Santa como no verán.

Dende o Partido Popular inciden en que as administracións están para facilitar o traballo aos profesionais e non para poñerlles trabas “o que sucede en Lugo é a antítese do que pasa noutros lugares” recalcando que “os tours en streaming están dando moi bos resultados e que en cidades como Santiago ou A Coruña xa se están desenvolvendo en localizacións ás que lles dan autorización sen ningún problema. como son o Centro de Interpretación da Torre de Hércules ou da zona de acceso restrinxido do Porto de A Coruña”.

Vázquez explicou que pedirá explicacións en comisión “dos motivos polos que se atrasou a resposta a esta profesional así como tamén reclamarán información sobre as visitas guiadas gratuítas que se desenvolven dende a área de Cultura”.  “Cremos que a fórmula que emprega o bipartito de contratos menores está a ser moi abusiva e algo que debería ser excepcional xa se está convertendo en algo normal” puntualizando que “máis do 75% da contratación realizada nesta área no presente mandato fíxose a través deste procedemento excepcional que suxire que só se traballa co BNG se tes un padriño ou un amigo dentro”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies