Servizos xerais

O PP afirma que a falta de diálogo entre PSOE e BNG  bloquean e poñen en risco o futuro do 010

By 10 Febreiro, 2022Sin comentarios

O PP propón un cambio no modelo de atención do 010 suxerindo habilitar de inmediato unha pestaña na web municipal para solicitar citas online e prestar un servizo de acompañamento, dende o 010, para persoas con dificultades coas novas tecnoloxías, así como a súa gratuidade

O PP teme que a falta de comunicación entre PSOE e BNG esté bloqueando e poñendo en risco o servizo do 010. Sagrario Sánchez explica que “se ben o 010 depende da área nacionalista, as competencias de novas tecnoloxías, ligadas ao programa europeo smart city, corresponden á alcaldesa socialista”

A concelleira popular Sagrario Sánchez Ramil explicou que o Grupo Popular vén de solicitar por escrito información “para facer unha radiografía real de como está o servizo do 010”. “As queixas dos cidadáns e os datos que temos de que quedan moitas chamadas sen atender, ou que están en cola excesivo tempo, son a proba que demostra que estamos diante dun servizo colapsado e que precisa un reforzo urxente”. As cuestións que plantexan os populares para resposta por escrito son “que se cuantifique o número de chamadas diarias entrantes; a media de espera; o número de chamadas que quedan sen atender; número de chamadas que quedan en cola; a media de chamadas que atende un operario e a clasificación por temáticas das consultas”. Tamén solicitan que se aclare a situación de “alegalidade” na que podería estar este contrato e as consecuencias da sentencia xudicial que afecta aos seus traballadores  co recoñecemento de que son operarios municipais

Dende o PP propoñen “ademais de reforzar o servizo do 010, poñer en marcha un sistema de acompañamento para aquelas persoas que teñan dificultades á hora de facer algún trámite telemático; tamén suxiren estudar a posibilidade de automatizar respostas activando un protocolo para que devolva a chamada; poñer en marcha un servizo novo de  whatsapp ou crear unha plataforma na web municipal para dar a opción aos lucenses a solicitar citas online, semellante á que funciona coas citas do SERGAS da Xunta de Galicia”.

A concelleira popular lembra que hai cidades que ofrecen este servizo gratuito algo que o PP considera positivo e factible tal e como defendeu nunha proposta que o Grupo Popular presentou e debatiu no pleno de maio de 2020 e que PSOE e BNG rexeitaron.

https://www.ppdelugo.com/o-pp-propon-que-o-010-de-lugo-sexa-gratuito-e-que-o-concello-asuma-o-custo-das-chamadas/

Os populares explican que dende que se eliminou a atención persoal en dependencias municipais este servizo pasou de atender unhas 5.000 chamadas diarias a 18.000 e calculan que a metade delas quedan sen atender.

A concelleira popular reflexiona que “é evidente que un servizo que non modificou o contrato e que multiplica por catro o traballo non pode prestar unha boa atención á cidadanía”. Lembrando como as catro operadoras que ten a empresa concesionaria do 010 “ademáis da atención telefónica teñen que responder aos emails que chegan así como facer informes diarios para o concellom aos que tamén pedimos o acceso.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies