Persoal

O PP afirma que a fuxida de altos cargos do Concello provocará máis caos e inestabilide na xestión

By 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

LUNS 26 DE FEBREIRO 2024

 

  • Os populares afirman que a marcha do interventor agravará a situación caótica que se vive no Concello indicando que Lugo non é unha praza apetecible “dada a desorganización, os contratos caducados; proxectos faraónicos difíciles de manter, xestión moi deficiente e as disputas internas entre os socios do goberno, que complican o día a día do funcionariado”

 

  • Rozas apostillaba “a deriva política do goberno local así como a falta de persoal cualificado permanente en cargos clave está dificultando o funcionamento eficaz do Concello e, en consecuencia, a prestación de servizos axeitados aos cidadáns”

 

  • Enrique Rozas explica que ademais da saida destes dous altos cargos outros postos de alta dirección están vacantes ou cubertos de forma provisional: nese caso está a praza da vicesecretaria cuberta de forma provisional por un técnico de administración xeral que non está habilitado ou a xefatura de Arquitectura; con respecto ás xefaturas de licenzas e contratación están vacantes a día de hoxe.

 

CIRCULAR PERMUY

 

  • Rozas tamén foi crítico coa forma de actuar da nova alcaldesa intentando descargar nos funcionarios os problemas de organización do traballo referíndose á circular que remitiu o concelleiro delegado de  persoal indicando que só acomenten as funcións propias da súa categoría laboral.

 

  • Noutra orde de cousas tamén puxo en tea de xuizo o criterio que se está a seguir co persoal interino xa que uns quedan traballando cando finaliza o contrato mentres que outros non

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies