EconomíaTransparencia

O PP afirma que a liquidación do orzamento destapa que só se investiu o 25% do plan de investimentos

By 20 Abril, 2020Sin comentarios

Para os populares as cifras da conta de 2019 son reveladoras e mostran como a desidia na xestión de Lara Méndez, non tivo “nin a máis mínima planificación, non mirou cara adiante e se conformou con facer anuncios que logo nunca chegan a executar, de aí que os remantes en bancos sumen os 51.6M€”

O Partido Popular cualificou de “vergoñenta” a procentaxe de execución dos orzamentos municipais de 2019. Tal e como se recolle na liquidación do 2019, e que esta tarde se presenta como dación de contas no pleno, destaca o capítulo de investimentos do que “tan só se logrou executar 3,2M€”.

Para os populares este dato é inadmisible sobre todo tendo en conta as numerosas melloras que precisa a cidade de Lugo tanto no remate de infraestruturas, como en reparacións de vías ou en novas obras “O feito de que só se executase menos do 25% do Plan de investimentos é unha proba máis da falta de capacidade de xestión do bigoberno de Lugo, son incapaces de  realizar investimentos na cidade e de executar medidas que axudan á xeración de emprego e crecemento económico da cidade”. “Os socialistas son máis de propaganda e de anuncios pioneros que, na maioría da veces quedan en fume”.

Os populares aseguran que a consecuencia de non executar o orzamento ten como resultado que quede un remanente de 51,6 M€ nos bancos, outra proba máis da súa incapacidade de xestión. Estes datos económicos veñen a certificar o que tantas veces dice o Partido Popular “que estamos diante dun goberno despreocupado polos lucenses e que non inviste neles”.

Segundo os datos da liquidación tamén se desprende que os orzamentos de Méndez son pura ficción “dacordo co recollido no informe da liquidación de 2019, houbo un exceso de previsión de 36,6 M€, esto quere dicir que inflaron un 40% as contas municipais tal e como, no seu momento, denunciamos dende o PP”.

Por último o PP reflexionou sobre os 35,8 millóns de dubidoso cobro, e que corresponden ao periodo enmarcado dende o 1992 ata a actualidade, sendo moi destacable os 24.7 M€ pendente de cobro rexistrados dende a chegada  de Lara Méndez ao Concello, “sorprende que 14 M€ veñan só do exercicio de 2019”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies