Transparencia

O PP afirma que a sentenza condenatoria de Liñares confirma o modelo de caciquismo  moderno do concello de Lugo

By 11 Marzo, 2021No Comments

O voceiro popular Ramón Carballo asegura que “co bipartito estase vivindo o momento máis opaco da historia do concello co uso abusivo de contratos menores a dedo ou a falta dun responsable municipal de transparencia”

O PP afirma que a sentenza condenatoria do ex concelleiro socialista Francisco Liñares confirma o que moitos lucenses sospeitaban “se condena á persoa que implantou modelo do caciquismo moderno no Concello de Lugo” e tamén corrobora que “a corrupción campou as súas anchas da man deste político do PSOE”.

Para o voceiro popular as actuacións do que foi un dos mentores políticos de Lara Méndez “é un desprestixio para a clase política, provocando un dano importante á credibilidade da institución municipal”.

Ramón Carballo afirma que a condena deixa claro como este cargo socialista xestionou o diñeiro público” lembrando que no ámbito municipal “Liñares foi o precursor da indemnización millonaria da fábrica da luz, unha concesión que se regalou por un cánon ridículo e que, pola neglixencia continua da alcaldesa socialista provocou que teñamos que pagar de 2,4M€” .

Los populares, nos últimos meses, denunciaron que “no concello de Lugo se está vivindo o momento máis opaco da súa historia” e lembran o uso abusivo de contratos menores a dedo así comoa a falta dun responsable municipal de transparencia.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies