Os populares acudiron ás costas do Parque para contrapoñer a forma coa que deron cumprimento ao convenio do Garañón aprobando “con alevosía e nocturnidade o proxecto de equidistribución das Torres fronte a poucas horas de que entrara en vigor unha normativa que impediría ese proxecto, aos retrasos eternos nas tramitacións urbanísticas habituais en Lugo”
Os populares indican que “a demolición do Garañón é unha obriga xudicial e que o seu custe é unha incerteza”
Os populares advertiron que “no proxecto actual non está garantido a restitución ao estado orixinal da parcela” e puntualizan que “o derrubamento do Garañón do PSOE non significa que pase a ser unha zona verde xa que está sen rematar a modificación puntual do PXOM, confirmado no propio pleno de xullo polo goberno, contratada en diciembre de 2020”
Os edis do PP aproveitaron esta comparecencia para propor “unha batería de medidas, consensuadas co persoal técnico e xurídico municipal como por exemplo: de recuperar a atención presencial en urbanismo; transparencia e publicidade dos criterios de interpretación da normativa urbanística e expedir un documento que avale o criterio da primeira consulta técnica sobre un proxecto para evitar cambios de interpretacións, entre outras”
Dende o PP lembran que “hoxe hai nun caixón preto de 800 licenzas sen resolver e que detrás de cada expediente hai nomes e apelidos, persoas que lideran proxectos persoais ou vitais para asentarse en Lugo”
Tamén destacan que recentemente se suspendeu unha Xunta de Goberno por falta de ausuntos e que a media de resolución non chega a 5 licenzas por semana
Por último o Partido Popular pregúntase, cantos emprendedores máis se van quedar no camino? Lembrando como esta semana coñecíamos un novo caso dun inversor que levaba 7 anos agardando por unha licenza e que tiña previsto facer un gran investimento pero que se viu obrigado a desistir polas trabas que se lle puxeron