PepriPXOMUrbanismo

O PP afirma que con Alvarellos ralentizouse, ainda máis, a xestión de urbanismo cuestionando a eficacia de contratar un Director Xeral

By 27 Febreiro, 2024Sin comentarios
  • Ramón Cabarcos expresou o seu escepticismo respeto á contratación dun Director Xeral de Urbanismo “polo que os lucenses pagamos máis de 74.000 €, aclarando que desconfiamos que a súa presenza vaia a solucionar o atasco de expedientes e resolver cuestións fundamentais para que Lugo sexa un lugar atractivo para investir”
  • Os populares sosteñen que “en vez de contratar a un axente político existen outros mecanismos para mellorar a xestión municipal e un deles é cubrir a xefatura de licenzas ou sacar a praza da xefatura de arquitectura que está cuberta de forma provisional”.

 

MARTES 27 DE FEBREIRO DE 2024

 

Neste contexto de crise deste departamento municipal a Mesa de Traballo de Urbanismo do PP, presentou un DECÁLOGO DE OBXECTIVOS PARA MELLORAR a situación crítica de urbanismo.

 

 

  1. Atención áxil e presencial, para técnicos e particulares, nos servizos de urbanismo

 

  1. Axilizade no informe e resolución das licenzas (0 expedientes nas 3 derradeiras xuntas de goberno e 5 no que va de ano)

 

  1. Revisión de erros e actualizacións do planeamento maior (PXOM, PEPRI, Plans Parciais coma o PERI-6 ou Louzaneta…)

 

  1. Desenvolvemento do planeamento menor (UAs do PXOM, UIs do PEPRI…).

 

  1. Adaptacións da lexislación ás novas normativas (Normas de Habitabilidade, Lei do Solo; Lei do Patrimonio Cultural…)

 

  1. Tramitacións de Plans Especiais de Ordenación de Núcleos Rurais con edificabilidade esgotada ou camiño delo.

 

  1. Promoción da rehabilitación e obra nova residencial a través do EVISLUSA.

 

  1. Actualización do inventario de camiños e bens inmobles municipais

 

  1. Redacción de ordenanzas obsoletas (Accesibilidade, Acústica…), deficientes (Licenzas) ou inexistentes (Publicidade ou Estética Urbana.

 

  1. Xestión do patrimonio arqueolóxico e cultural, do rueiro, a rehabilitación e a mobilidade do centro histórico.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies