EconomíaTráfico

O PP afirma que dende que Lara Méndez é alcaldesa o Concello de Lugo subiu o prezo dos tres aparcadoiros soterrados un 20%

By 28 Decembro, 2022No Comments

Os concelleiros populares afirman que ninguén se vai a tomar este anunciou como “unha inocentada” e que esta subida confirma que Lara Méndez segue a gobernar de costas aos lucenses, sen importarlles o seu benestar ao querer aplicarlles un incremento do 10,4%

  • O Grupo Municipal do PP presenta unha moción de urxencia ao pleno de mañá para pedir que se anule esta subida de prezos e que sexa o Concello de Lugo o que asuma, con fondos propios, a subida económica para garantir o equilibro da concesión
  • Mentres a Xunta baixa o prezo do aparcadoiro público do Hula LarA Méndez está a dicirlle aos lucenses que lles vaia obrigar  a pagar máis por estacionar na Praza do Ferrol, Praza da Constitución e Praza de Santo Domingo
  • Dende o Grupo Popular acusan a Lara Méndez de “dar a puntilla” aos negocios do casco histórico xa que ao eliminar decenas de prazas de aparcamento coa peonalización sen consenso do centro da cidade dille aos comerciantes que os seus clientes e empregados pagarán máis por aparcar
  • Os concelleiros populares poñen sobre a mesa casos reais, como o dunha veciña dunha parroquia que paga (a día de hoxe) 6€ cada vez que ven a Lugo a traballar xa que ten que aparcar no soterrado da Praza do Ferrol ao non dispoñer de estacionamentos na rúa

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies