EconomíaServizos sociaisTransparencia

O PP afirma que familias lucenses perderán axudas de aluguer social pola falta de xestión dos socialistas

By 5 Decembro, 2018Sin comentarios

O PP afirma que “é inxustificable” que o goberno local non tramite esta axuda de caracter básico lembrando que “en outubro os grupos da oposión lle permitiron ampliar o crédito para cubrir as familias que quedaron fóra da convocatoria ordinaria e que cumprían os requisitos para acceder a esta achega municipal”

A concelleira do Grupo Popular Mari Teijeiro afirma que “é imperdonable” a actitude do goberno local en relación coa tramitación das axudas municipais para o aluguer.

A popular explica que “se xa é inxustificable a tónica dos Servizos Sociais Municipais de retrasar in extremis todos os anos as convocatorias e a resolución  destas achegas económicas, agora, é insostible que deixen perder a ampliación de crédito que se acordou no pleno, do pasado mes de outubro”.  Teijeiro lamenta a incapacidade dos socialistas “de facer algo tan simple como tramitar unhas bases, xa elaboradas, ás que simplemente terían que modificar a contía da nova partida orzamentaria”.

“Estamos diante dun goberno negado, que nin querendo o podería facer tan mal” sentenciou Teijeiro. Para a concelleira popular  “non é lóxica esta actitude tendo en conta que os grupos da oposición lle demos un balón de osíxeno para cubrir as familias que quedaron fóra da convocatoria deste ano malia cumprir cos requisitos”.

Teijeiro manifestou que “a falta de xestión e a despreocupación dos socialistas  son a carta de presentación das políticas sociais do PSOE” matizando que “o goberno local, ademais de incoherente, falta a súa palabra xa que é incapaz de cumprir moitos dos compromisos anunciados para cos lucenses con menos recursos. É unha irresposabilidade absoluta” concluíu a popular.

A popular lamenta que a ampliación de crédito non servirá de nada “cando o espíritu desta acción era incorporar e facilitar esta achega económica a aquelas familias que quedaron fóra da convocatoria das axudas de aluguer”.Teijeiro afeou a nula autocrítica que fai á concelleira da área de benestar “que continuamente presume de que Lugo é unha das cidades que destina máis recursos ao gasto social cando, pola contra, vemos continuamente que o seu compromiso de investimentos non se executa e esfúmase en remanentes por falta de xestión e de vontade política”.

Resulta unha decepcion profunda e absoluta a pouca dilixencia e o pouco respecto da política dos socialistas cara as persoas que máis o necesitan destacando que “a axuda ao aluguer é un dos gastos con maior contía dentro do paquete das axudas de emerxencia social”.  De feito no primerio semestre de 2018 o concello destinou ao pago do aluguer 113.571 € o que supón un 71, 70% do total previsto nesta partida.

O Partido Popular reclamou en reiterados exercicios orzamentarios que se incremente tanto a partida de axudas para emerxencia social como as axudas para o aluguer e tamén suxeriu que no caso de que se aproben os orzamentos de 2019 se publiquen as bases para que os lucneses non teñan que agardar por unhas axudas que son de caracter urxente”. Tamén insistiu en que se axilicen os trámites e se saquen as convocatorias, en tempo e forma, para evitar deixar en incerditumbre ás familias susceptibles de recibirestas achegas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies